“Salnés Click”, a tenda on- line da comarca, está a piques de ver a luz. Farao sete días antes do inicio de Semana Santa. Pero non só quere saír: Quere triunfar. Así que para iso, a plataforma leva meses alimentándose de contido e de produtos antes de saír a escena. O contrario sería “vender fume.
Salnés Click, un espazo dixital onde mostrar toda a oferta turística e comercial da comarca. A plataforma está preto de ser lanzada e dende o organismo comarcal levarán a cabo unha campaña de promoción para chegar a todos os comercios da zona. A iniciativa contará cunha subvención de 60 mil euros aprobada pola cámara de comercio.