A empresa de servizos eólicos Galventus contrata a catro integrantes do programa de emprego da Mancomunidade do Salnés. Os participantes realizaron as prácticas grazas ao convenio de colaboración renovado entre a compañía e o ente comarcal.
A formación do plan integral de emprego da mancomunidade do Salnés é moi variada, o que permite aos alumnos formarse en diversos campos e aumentar as súas posibilidades profesionais.
A posibilidade de realizar as prácticas na empresa supuxo unha gran oportunidade laboral para os alumnos e alumnas.