Floreano e Monchiña, as icónicas personaxes de Gogue, son os guías de excepción que nos levan a descubri-la orixe de tódolos camiños. O vídeo serve de carta de presentación dun novo produto turístico que nace coa vocación de converterse nunha prolongación das rutas xacobeas ata o mar de Arousa.
‘A orixe de tódolos camiños’ quere atrae-los peregrinos botando man dos recursos da comarca do Salnés. Un natural, o mar, e outro clave: a estación de tren de Vilagarcía. Porque o tren, explican, é fundamental para que os peregrinos que chegan a Compostela culminen a súa ruta no Salnés. Dous puntos, unidos pola tradición xacobea, e seperados por tan só 19 minutos de viaxe. Ademais do tren, o ‘A orixe de tódolos camiños’ propón outras dúas etapas, en barco e a pé. A Mancomunidade do Salnés leva máis dun ano traballando no desenvolvemento deste produto, en colaboración co sector privado.