O Concello do Grove e o Concello de Sanxenxo impulsan un ambicioso proxecto para mellorar a súa oferta turística e revalorizarse como destino, utilizando a Intelixencia Artificial e as Novas Tecnoloxías.
Na presentación, na que participaron xunto aos dous alcaldes o xerente da Mancomunidade do Salnés e o responsable da empresa que o xestionou.
Foi nese foro onde os rexedores deixaron claro que o obxectivo común do proxecto “Sanxenxo e O Grove: Polos Turísticos Intelixentes”, encadrado no programa Red.es, é “mellorar a calidade dos nosos pobos como destinos turísticos e ofrecer unha mellor oferta”. A idea é poñer as novas tecnoloxías “ao servizo do turismo e dos nosos municipios”, deixando patente, de paso, o frutífera que pode resultar a colaboración entre administracións locais, aínda que, como neste caso, estean gobernadas por alcalde de partidos diferentes.