A Mancomunidade do Salnés redobra a súa aposta formativa e amplía a súa oferta de docencia en drons, robótica e tecnoloxía. Faio da man do mundo do mar e dos mozos que queren explorar as novas posibilidades laborais que se abren nestes sectores. Unha forma máis de incentivar a substitución xeracional en territorios costeiros.
Ao longo do últimas catro semanas, en quendas de mañá e tarde ata un total de 80 horas lectivas, viñéronse formando vinte e tres alumnos no manexo de drons aéreos, anfibios e subacuáticos nunha iniciativa financiada pola Conselleria de Emprego e Igualdade en colaboración co ente comarcal.
Na súa intervención, Marta Giráldez subliñou o propósito desta iniciativa que “pretende a introdución no mercado laboral coa intención da integración en empresas punteiras.
Tamén Ramón Guinarte apuntou que “o sector do mar é a principal fonte de riqueza desta comarca. É presente e futuro.
Por último, Liño Suárez, director de operacións de Opmega, manifestou que “é unha ferramenta determinante para terminar coa onda de roubos e sabotaxes que repercute tanto na produción
Os alumnos e alumnas destacan a oportunidade de poder formarse nuns campos aos que non terían acceso de non ser polo programa de emprego da Mancomunidade do Salnés.