Oito mozos e mozas do Salnés recibirán formación en asesorías e xestorías da comarca, grazas a un convenio coa Mancomunidade. Os alumnos e alumnas pertencen ao Módulo de Rexistro Contable, que terán a oportunidade de aprende-la profesión nun momento de moita carga de traballo por mor da pandemia.
A presidenta da Mancomunidade salienta a oportunidade que supón para o alumnado esta experiencia práctica. Máis aínda, nun momento no que xestorías e asesorías teñen unha gran carga de traballo, por mor das consecuencias da pandemia.
Así o constatan as asesorías O Salnés, ADM Asesores e Gerardo Vidal que, xunto a Lamelas, acaban de asinar un convenio de colaboración coa Mancomunidade do Salnés que vai permitir a oito alumnos do módulo de Rexistros Contables, incluído no Programa Integrado de Emprego, realizar prácticas desde o luns 26 ao 23 de maio.
O Programa de Emprego da Mancomunidade, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, é un dos que mellor funciona en Galicia, alcanzando unha inserción laboral dos seus alumnos superior ao 90% en case todas as súas edicións. Non en balde, os técnicos de emprego da Mancomunidade realizan un bo número de estudos de campo sobre as empresas para coñecer de primeira man que é o que necesitan, deseñando o plan de emprego co obxectivo de responder a esas necesidades.