Os responsables do servizo confirman os bos resultados das trampas colocadas este ano», segundo indican desde a mancomunidade. Desde finais de febreiro colocáronse dous mil trampas cunha media de dez velutinas raíña retiradas por trampa.
Nestes momentos están a realizarse traballos de revisión e reposición das de novas e retíranse as que non son efectivas, buscándolles unha nova localización; a estas alturas do ano comezan a aparecer os primeiros embrionarios e o servizo comarcal xa acudiu a asistir a varios avisos para proceder na súa retirada. Ademais, desde a mancomunidade xestiónanse conxuntamente con apicultores da zona as chamadas de particulares para retirar embrionarios de abellas de mel e poder recolocalos de forma segura noutro lugar sen causar impacto sobre estas abellas autóctonas, un servizo moi ben valorado polos cidadáns, segundo informan desde o ente comarcal.