A Mancomunidade do Salnés pon fin á brecha de xénero no sector do metal a través da formación

A Mancomunidade traballa da man coas empresas do sector para aumentar a formación dos participantes. Nas vindeiras datas, o organismo comarcal pechará os convenios coas compañías pero que os alumnos poidan incorporarse ao mundo laboral. Dende o concello de Meaño destacan a gran demanda e incursión laboral que existe neste sector.

Son 18 alumnos deste curso do Programa Integrado de Emprego, no que hai outras catro mulleres: Emily, Lucía, Sila e Paola. Eles seguen sendo maioría, pero elas van gañando terreo aos poucos. Corrobórao Mariano Seijo, o seu profesor e responsable do centro de soldadura Censol, con sede no polígono industrial da Pedreira (Meaño). «Son marabillosas soldando». O curso de soldadura que se imparte é de nivel 1, polo que calquera dos 18 alumnos terá opcións de atopar un traballo ao termo do mesmo, xa que se trata dun sector que ten unha gran necesidade de man de obra cualificada. Varias das alumnas recoñecían onte estar encantadas de participar “nun curso que abre as portas da integración da muller nun mundo laboral netamente masculino”.
Noticia completa en:
Scroll al inicio