Os Obradoiros de emprego de Promoción turística e Hostalería do Salnés XII, ambos promovidos pola Mancomunidade do Salnés, organizaron unha xornada diferente na Illa de Arousa co obxectivo de poñer en valor a cultura mariñeira e os produtos do mar.
Foi nunha iniciativa conxunta na que o alumnado de cada un destas actividades tivo ocasión de poñer en práctica as súas aprendizaxes.
A posibilidade de realizar as prácticas na empresa supuxo unha gran oportunidade laboral para os alumnos e alumnas.
O xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte, apuntaba onte que “se trata dunha acción na que integramos ambos os obradoiros, a través dun showcooking e un roteiro turístico no que, por unha banda, damos a coñecer a formación do noso alumnado, e pola outra, resaltamos a importancia que teñen nun municipio como A Illa a gastronomía, a paisaxe ou a cultura mariñeira” .