Clausura do curso de Dixitalización documental e Fotogrametría do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés

A clausura de curso contou coa presenza da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, que quixo felicitar ao estudantado do Programa facendo fincapé nunha innovación dixital, expuxo a directora xeral, que vai da man da conservación do territorio e do coidado ao patrimonio galego, dúas ideas que emerxen do modelo laboral ao redor do cal a Xunta de Galicia quere formar ás traballadoras e traballadores, un modelo “que vai máis aló das tecnoloxías innovadoras. Tamén se trata de novos modelos de negocio”.

Nesta acción formativa participaron oito persoas, das que o 75% son mulleres, que aprenderon a inmortalizalo patrimonio histórico e cultural.

 

O obxectivo é que o museo virtual estea listo ao longo deste ano e tamén segue dando pasos para outro proxecto de maior envergadura: a creación dun museo virtual co patrimonio histórico e cultural da comarca.

 

O xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte, apuntaba que a Mancomunidade está a apostar por Internet dentro da súa estratexia turística e comercial, de maneira que O Salnés sexa alcanzable, tamén, a golpe dun click, e sen necesidade de grandes investimentos.

Noticia completa en:
Scroll al inicio