A Mancomunidade do Salnés presenta a súa revista “Emprega Salnés”

A presentación da revista contou coa presenza da Xefa Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Pontevedra, Marta Mariño, que quixo felicitar á Mancomunidade do Salnés, por contar cun programa integrado referente en toda galicia, que aposta pola innovación e a cooperación co tecido empresarial.

Cada ano 100 participantes fórmanse neste programa de emprego cunha alta porcentaxe de inserción laboral. Para informar da situación laboral do plan dentro da comarca, a mancomunidade lanza a revista “Emprega Salnés” A revista terá carácter semestral. Nela tamén se recollerá información das empresas que colaboran co obradoiro de emprego. Nesta primeira edición publicáronse 500 exemplares para repartir entre os concellos e as empresas implicadas.
Os exemplares iran plasmando a traxectoria do que sen dúbida é o programa estrela da Mancomunidade, con case unha década de accións formativas polas que pasaron xa máis de 800 alumnos.
Noticia completa en:
Scroll al inicio