Trátase da segunda edición do Curso de Elaboración de Viños no que dez alumnos e alumnas realizan a súa aprendizaxe nas adegas de Condes de Albarei e Pazo Baión.
Os e as participantes coñeceron todos os traballados que se realizan nas diferentes áreas dunha adega: dende a elaboración do viño ata as estratexias do enoturismo. O programa integrado de emprego está preto de rematar e os contratos realizados xa superan o 91%. Este conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade.