A Mancomunidade do Salnés forma a 9 alumnos e alumnas nun novo curso de impresión 3D

O alumnado recibiu a visita dos responsables da entidade comarcal e da delegada territorial de emprego e igualdade da Xunta, Marta Mariño, quen destacou a importancia da formación na busca de emprego e como grazas aos Programas Integrados conséguese alcanzar a inserción.

A Mancomunidade do Salnés forma a 9 alumnos e alumnas do programa integrado de emprego en impresión 3D. Esta é a sexta edición dun curso que permite aos participantes obter coñecementos en novas tecnoloxías. A novena edición do Programa Integrado de Emprego está preto de rematar, acadando de novo cifras récord de contratacións, e xa con vistas a preparar a décima edición tan pronto a Xunta resolva a convocatoria.

Noticia completa en:
Scroll al inicio