Ao acto de clausura do programa celebrado no Real Club Náutico acudiu o alcalde, Telmo Martín, xunto ao delegado da Xunta de Galicia, Luís López; a xefa territorial de Emprego, Marta Mariño; a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez; o xerente do organismo comarcal, Ramón Guinarte, e a coordinadora do programa, Begoña Veríssimo Alonso. Unha vintena de alumnos recolleron os diplomas dos cursos realizados, algúns ata once, pero ao acto non puideron acudir os 100 porque as súas ocupacións laborais actuais impedíronllo. Neste sentido, a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, destacou o traballo realizado polos técnicos e técnicas: “é sinxelo que o programa sexa un éxito cando se ten un gran equipo”, sinalou.