A Mancomunidade do Salnés organiza un novo curso de minipas e retroescavadoras. 14 alumnos formaranse nestas maquinarias tan demandadas polas empresas. De novo destaca a participación feminina coa metade de alumnas participantes.
Como destacaba a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, a metade de participantes na aprendizaxe, de quince horas de formación, son mulleres. O traballo constante entre a mancomunidade e as empresas axuda a realizar cursos no que o alumnado teñan máis posibilidades de conseguir a integración laboral, o obxectivo principal deste programa integrado de emprego.