O uso dos drons converteuse nun servizo en grao sumo demandado no escenario laboral. Diso pode dar boa conta o desenvolvemento do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés que onte completou a formación de 16 novos alumnos no manexo da tecnoloxía aplicada.
O curso, de 80 horas, rematou hoxe cunha das últimas clases teóricas realizadas no litoral da Illa de Arousa, onde estivo a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez. Alcaldesa de Meis.
Durante o período de formación, os usuarios e usuarias do plan adquiriron os coñecementos e habilidades necesarias para desempeñar diferentes postos de traballo en empresas punteiras no sector de novas tecnoloxías.