Presentación da II Edición da revista do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés

A Mancomunidade do Salnés lanza a segunda edición da revista sobre o seu Programa Integrado de Emprego, que, no último ano formativo volveu conseguir a inserción laboral do 91% do alumnado participante

Terá unha tirada de 500 exemplares que se distribuirán entre os concellos, institucións e centros empresariais.

A publicación, creada para dar visibilidade a todo este traballo formativo e laboral. Esta segunda entrega, ademais de facer un balance dos dez anos de traxectoria do Plan de Formación, inclúe información sobre os aspectos máis importantes da reforma laboral, así como artigos e entrevistas sobre as novas sendas tecnolóxicas e as aplicacións dos drons. 

A segunda edición da revista está prologada pola directora Xeral de Emprego, Zeltia Lado, e polo vicepresidente da Mancomunidade, Carlos Iglesias.

Foi presentada pola presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez. Alcaldesa de Meis, a Xefa Territorial da Consellería de Emprego, Marta Mariño, o xerente da entidade comarcal, Ramón Guinarte, e a coordinadora do Programa Integrado de Emprego, Begoña Verísimo.

Noticia completa en:
Scroll al inicio