A Mancomunidade do Salnés iniciou un segundo curso de soldadura dentro da décima edición do seu Programa Integrado de Emprego. Un curso que impártese en Meaño e conta con 80 horas de formación.
O xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte e o alcalde do Concello de Meaño, Carlos Vieitez, estiveron presentes no inicio da acción formativa acompañando ao docente do curso Mariano Seijo.
Os candidatos adquiren habilidades no manexo de técnicas de soldadura (arco con eléctrodo revestido MMA III, soldadura semiautomática manual EN-135, ferramentas de trazado e corte, procedementos de soldadura TIG 141 GTAW, inspección de soldadura). Ademais desta formación, están a impartirse os cursos de contabilidade financeira, de 100 horas de duración; creación de blogues e redes sociais, de 60 horas; e o curso de social media, márketing e xestión da reputación en liña, dunhas 40 horas de duración.