A Mancomunidade do Salnés celebra o II Encontro Empresarial no X aniversario do Programa Integrado de Emprego

Presidido pola Conselleira de Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana Somoza, coa presenza da Directora Xeral de Emprego, Zeltia Lado Lago, así como de representantes do Servizo de Emprego, Delegación territorial, alcaldes de distintas localidades, intermediarios de emprego, representantes da deputación e máis de 30 empresas da comarca, o evento celebrouse no R. C. Náutico de Sanxenxo.

 
 
No encontro fíxose balance das accións formativas levadas a cabo ao longo de todas as edicións “destacando a importancia dos tres piares básicos para a sustentabilidade deste proxecto ao longo destes dez anos”. En concreto, a confianza depositada pola Conselleria de Emprego e Igualdade neste proxecto mancomunado, o equipo que desenvolve o programa e a implicación empresarial plasmada en convenios de colaboración, prácticas e ofertas de emprego..
Noticia completa en:
Ir arriba