Clausura de X Edición do Programa Integrado de Emprego 2021/2022

A décima edición do Plan Integrado de Emprego (PÉ), que organiza a Mancomunidade do Salnés chegou onte ao seu fin na localidade de Sanxenxo cun balance moi positivo. Ese balance indica que a inserción laboral foi dun 86% entre os alumnos, cun 75% deles obtendo un contrato de tres ou máis meses.

.

Durante o acto de clausura, celebrado na nova sede da Escola de Hostelería do Salnés, no Concello de Sanxenxo, a Mancomunidade Marta Giráldez. Alcaldesa de Meis., destacaba o “moi positivo balance final”. Na mesma liña incidían Rosanna López Salgueiro e Marta Mariño, por parte da Xunta de Galicia, e o Concelleiro de Economía de Sanxenxo, Marcos Guisasola, presentes ambos no acto de clausura. No itinerario formativo xa finalizado estiveron representadas todas as ramas do tecido empresarial da comarca: elaboración de viños, soldadura, caixeiro reponedor, xestión integral de almacén, inglés, xestión contable, agricultura ecolóxica biointensiva, manexo de carretas frontal e retráctil, manexo de minipala retroexcavadora, manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais e informática básica e avanzada. Na súa aposta polas novas tecnoloxías desenvolvéronse cursos de manexo de drons aéreos, anfibios e subacuáticos, dixitalización documental e fotogrametría, creación de blogues, Commerce e Community manager, márketing dixital, social media, machine learning e big data, impresión 3D en policarbonato, realidade virtual e internet das cousas.
Noticia completa en:
Scroll al inicio