Un total de 15 beneficiarios do programa integral de emprego da Mancomunidade do Salnés finalizaron o curso de manexo de drons. A presidenta, Marta Giráldez, indicou que é unha das formacións na que “temos máis fe” no plano da inserción porque, como certificou o profesor e empresario do sector, Jorge García, a demanda de profesionais crece.
.
A aprendizaxe valeulles xa para conseguir de inmediato o #ítulo de piloto de aeronaves non tripuladas concedido pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, tal como indicaba a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, Presidenta da Mancomunidade e Alcaldesa de Meis, durante a clausura do curso. No acto tamén estiveron presentes o xerente da entidade comarcal, Ramón Guinarte, e o alcalde de Cambados, Samuel Lago.
O programa integrado de emprego acaba de comezar a súa undécima edición. Por diante ten máis de 30 cursos e talleres para formar aos seus alumnos e aumentar as súas posibilidades de atopar un emprego. Unha das claves para conseguilo é o continuo contacto coas empresas para impartir talleres en oficios que as compañías demanden.