Un total de dez beneficiarios do Plan Integrado de Emprego comarcal asisten a un curso de soldadura de 80 horas. É a terceira promoción de candidatos formados nesta especialidade –xa van 40–, que ten unha importante demanda no mercado laboral.
Un oficio no que hai cada vez maior presencia femenina e proba delo son as cinco alumnas que forman a metade desta nova promoción.
Dende a incorporación deste módulo no programa de emprego comarcal son moitos os alumnos e alumnas interesados en realizalo, un sector de gran demanda laboral, tal como explicaba a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez. Alcaldesa de Meis.