A Mancomunidade
Mancomunidade do Salnés
A unión fai a forza
Prestación conxunta de proxectos e servizos para os Concellos do Salnés
Desde 1989, a Mancomunidade do Salnés xestiona unha serie de competencias.
Os fins da Mancomunidade que se establecen son os que se indican a continuación:
- Mantemento do abastecemento de auga e de depuración de residuais aos concellos da Mancomunidade.
- Mantemento e limpeza de vías, sendeiros e espazos públicos.
- Potenciación do turismo dos concellos da comarca.
- Servizos de recollida, tratamento, transferencia e eliminación de residuos sólidos urbanos, de xeito mancomunado.
- Obras de infraestrutura e equipamentos, cando afecten
máis dun concello. - Proxectos culturais e deportivos que afecten a máis dun concello da Mancomunidade.
- Servizo de emprego e formación.
- Xestión do Centro de información á muller (CIM) mancomunado.
- Consecución de programas de participación dos cidadás no uso eficiente e sustentable das tecnoloxías da información e telecomunicacións.
- Servizo mancomunado de recollida e protección de animais abandonados.
Os nosos números
A Mancomunidade en cifras
0
Poboación atendida
0
Anos de existencia
0
Proxectos
A Mancomunidade do Salnés é unha administración pública de carácter local que está integrada polos nove concellos que conforman a comarca do Salnés
Constituida en 1986
A Mancomunidade foi constituída no ano 1986, por tres concellos do Salnés, coa finalidade inicial de garantir o abastecemento de auga potable. Sen embargo, co paso do tempo, fóronse ampliando as súas atribucións e aumentando o número de servizos, o que a súa vez levou a incorporación dos seis concellos restantes.
Organigrama
- Presidente.
D. Gonzalo Durán Hermida - Xerente
Ramón García Guinarte - Persoal técnico
- Órganos de goberno
- Presidencia
- Comisión Executiva formada polos 9 alcaldes
- Xunta formada por 27 membros