FORMACIÓN
Mancomunidade do Salnés
Mancomunidade do Salnés
Obradoiro de Promoción Turística do Salnés
A necesidade de formación en turismo na comarca do Salnés constátase ano tras ano, especialmente trala súa consolidación como destino de Excelencia Turística. Esta situación é a ideal para a retroalimentación entre o destino e o Obradoiro de Hostalería, na súa condición mixta de espazo formativo e de apoio á creación de emprego.
INTRODUCIÓN
A Comarca do Salnés é cada ano o destino elexido de milleiros de turistas. A combinación de : clima, riqueza biolóxica, diversidade de recursos naturais, gastronomía, festividades … fan do Salnés o lugar ideal para a desconexión. A súa fama, nacionalmente extendida, é en gran parte grazas á labor de comercialización realizada e a posta en marcha de accións tan importantes coma as xestionadas pola Mancomunidade do Salnés quen desenvolveu un Plan de Excelencia Turística (para os concellos de O Grove e Sanxenxo), un Plan de Dinamización Turística (que afectou os sete concellos restantes), un Plan de continuidade (financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) e de xeito anual ven asinando convenios de colaboración coa Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Sen embargo e a pesar deste incremento turístico, vense rexistrando nos últimos anos unha tasa de desemprego moi alta no sector servizos e especialmente, na poboación moza da comarca. Isto é debido á forte estacionalidade do turismo marcada pola centralización das reservas nos meses estivais deixando, deste xeito, a meirande parte do ano sen apenas actividade turística. Por este motivo, a Mancomunidade do Salnés pon en marcha o Programa de Emprego de “Promoción turística do Salnés”, cuxo obxectivo principal é formar ás persoas mozas para así desestacionalizar o turismo e apostar por novos modelos turísticos máis sostibles e de calidade que teñan un impacto positivo nas actividades turísticas. Deste xeito, o proxecto está a formar a 16 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de “promoción turística local e atención ao visitante” (8 alumnos/as) e “xestión de marketing e comunicación” (8 alumnos/as) para posteriormente inserilos no mundo laboral. O plan de formación inclúe todos os coñecementos, destrezas e experiencias que se lle pretendan transmitir ao/á alumno/a traballador/a nos diferentes módulos de formación ademáis da formación nas últimas tecnoloxías dispoñibles para a creación de recursos turísticos e audiovisuais. Os programas de emprego configúranse como programas mixto de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas mozas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese social que posibiliten aos alumnos obter unha cualificación profesional que favoreza a súa posterior inserción no mercado laboral.
SUBVENCIÓN
A Mancomunidade do Salnés ten concedida, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2020), do Obradoiro de Emprego de Promoción Turística do Salnés. A Comisión Central de Valoración informou favorablemente a concesión dunha subvención polo importe de 369.492,32 €, para 16 alumnos/as-traballadores/as e cunha duración de 12 meses.
Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%. O plan de formación incluirá todos os coñecementos, destrezas e experiencias que se lle pretendan transmitir ao/á alumno/a-traballador/a no Certificado de Promoción turística local e información ao visitante, así como no Certificado de Xestión de marketing e comunicación; prevención de riscos laborais; información e orientación profesional; formación empresarial; sensibilización ambiental; sensibilización en igualdade de xénero; alfabetización informática; formación compensatoria, se é o caso, así como calquera outra actividade de índole similar que beneficien na súa formación e inserción laboral.
COLABORACIÓNS
O centros ou puntos de atención ao turismo da comarca do Salnés serán lugares moi importantes para o bo desenvolvemento da especialidade de Promoción turística e atención ao visitante, xa que moitos dos coñecementos que adquiran a través desta formación teñen un enfoque eminentemente práctico. Os mozos e mozas que realicen o Certificado de profesionalidade de Marketing e comunicación contarán coa participación das empresas máis importantes da comarca, facéndoos partícipes das diferentes estratexias que estas empresas levan a cabo para dar a coñecer os diferentes productos que ofrecen ao mercado. Por isto, grazas aos proxectos formativos que imos desenvolver , conseguiremos acadar unha elevada implicación do sector turístico e empresarial , todo elo a través das súas principais asociación turísticas e empresariais.
DATOS DE INSERCIÓN
As perspectivas de inserción laboral dos nosos/as alumnos/as traballadores/as son moi elevadas, pois o sector turístico da Comarca do Salnés absorberá, sen ningún tipo de problema, a meirande parte do alumnado que formemos neste programa de emprego
SALNÉS CLICK
Iniciativa da Mancomunidade de O Salnés xunto co Consorcio de comercio de O Salnés e a Axencia Turismo de Galicia que ten como finalidade fomentar o turismo, a gastronomía e o comercio na comarca para, con elo, a economía circular para comprar produtos e servizos e reservar experiencias da nosa comarca. Os/as alumnos/as traballadores/as do obradoiro realizan unha importante labor de información, asesoramento, soporte e axuda no proceso de alta de todos os establecementos interesados en formar parte da plataforma así como da carga de toda a información e produtos. Asemesmo colaboran na estratexia de comercialización da plataforma coa elaboración de trípticos informativos, spots publicitarios, informes de mercado persoalizados.
CURSO ELABORACIÓN DOCUMENTOS WEB
Este punto é moi importante, xa que estar a vangarda das últimas tecnoloxías disponibles para a creación de recursos turísticos e audiovisuais, por iso inclúese na formación complementaria 2 módulos de informática: UF_1841: Elaboración de documentos web mediante linguaxes de marcas.MF0493_3: Implantación de aplicación web en contornas internet, intranet e extranet
REALIZACIÓN DE CONTIDO PROMOCIONAL
Os/as alumnos/as traballadores/as da especialidade de Turismo realizan un inventario dos recursos dos 9 concellos que compoñen a Comarca do Salnés para así, posteriormente, poder elaborar contido promocional de diferentes rutas e produtos turísticos.
FORMACIÓN
Noticias relacionadas
LA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS ORGANIZA UN CURSO SOBRE APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS PARA 90 PERSONAS
La formación que se va a desarrollar, se diseñó inicialmente para treinta alumnos, pero la alta demanda obligó a ampliar
La robótica llega al rural de la mano de la Mancomunidade do Salnés
Un proyecto piloto ocio-educativo, dirigido al público infantil y adolescente, y cuyo objetivo está en el acercamiento a las nuevas
ESPECIALISTA EN SOLDADURA, UN OFICIO CON FUTURO DENDE O PLAN DE EMPREGO COMARCAL
Un total de dez beneficiarios do Plan Integrado de Emprego comarcal asisten a un curso de soldadura de 80 horas.
O PROGRAMA DE EMPREGO DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS ABRE A INSERCIÓN DE PILOTOS DE DRONS NO SECTOR DE EVENTOS E ESPECTÁCULOS
Un total de 15 beneficiarios do programa integral de emprego da Mancomunidade do Salnés finalizaron o curso de manexo de
Clausura de X Edición do Programa Integrado de Emprego 2021/2022
A décima edición do Plan Integrado de Emprego (PÉ), que organiza a Mancomunidade do Salnés chegou onte ao seu fin
A Mancomunidade do Salnés segue dixitalizando patrimonio dentro da acción formativo do Programa Integrado de Emprego
Mancomunidade Do Salnés clausurou hoxe unha das accións formativas incluidos dentro do seu Porgrama Integrado deEmprego que conleva un especial