Os Programas Integrados de Emprego ou PIE están dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Desenvolverán con carácter obrigatorio as seguintes accións: información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego (tanto por conta propia como allea), habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, formación para o emprego, prácticas profesionais e talleres sobre mobilidade laboral.
Os Programas Integrados de Emprego levan aparellado o compromiso de inserir laboralmente a un mínimo do 35% das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do Programa. A inserción media acadada polos Programas Integrados de Emprego da Mancomunidade do Salnés nos últimos anos é dun 65%.
Tes interese en participar no Emprega Salnés? Déixanos unha mensaxe cos teus datos e o teléfono.