BENEFICIARIO PRINCIPAL
Mancomunidade do Salnés
OBXECTIVOS
- Crear un modelo de subministración eficiente e sustentable entendido como o conxunto e aplicación profunda de recursos económicos, materiais e humanos que interveñen no abastecemento e fundamentalmente no seu compoñente de seguridade de subministración, derivado da acertada combinación intelixente de solucións, comportamentos e tecnoloxías maduras existentes.
- Realizar os adecuados investimentos, aproveitando o dispoñible viable, con períodos de retorno aceptables, realizando propostas de enxeñaría adaptadas ao modelo e as súas expectativas.
- Coordinar as melloras con outros proxectos independentes tendentes a lograr un modelo sustentable adecuado e definitivo.
- Aproveitar a enerxía renovable hidráulica dispoñible sen impacto.
- Reducir o consumo enerxético mediante o uso de tecnoloxías mais eficientes situando a eficiencia enerxética entre as prioridades de actuación.
- Potenciar a Auditoría enerxética como ferramenta de diagnóstico.
- Lograr un adecuado beneficio ambiental, centrado na redución de emisións, que asegure o respecto actual e futuro do modelo implantado.
- Evitar flutuacións excesivas do modelo por prezos crecentes do custo da enerxía, que conduzan a desequilibrios económicos ou a escenarios hostís.
ENERXÍA RENOVABLE NAS INSTALACIÓNS DE BOMBEO DA ETAP DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DO SALNÉS
Esta actuación ten como misión principal optimizar a eficiencia enerxética, mediante o uso de enerxía de tipo renovable, no sistema de bombeo de auga bruta á ETAP da Mancomunidade do Salnés, composta polos 8 Concellos de menos de 20.000 habitantes.
No seguinte enlace dispón de toda a información sobre este proxecto.
MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DE BOMBEO DA ETAP DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DO SALNÉS
Esta actuación ten como misión principal optimizar a eficiencia enerxética. Para isto, substituiranse os motores que accionan as bombas; eliminarase unha terceira bomba, substituíndoa por outra máis eficiente; optimizarase mediante variadores electrónicos de velocidade con control de multibomba intelixente para o control alternativo dos equipos; mellorarase o sistema de ventilación da sala de bombeo e, implementarase un sistema de monitorización.
No seguinte enlace dispón de toda a información sobre este proxecto.