Navega e Educa
Proxecto cofinanciado pola Consellería do Mar a través do Grupo de Acción Costeira 5 - Ría de Arousa, coa finalidade de fomentar a sustentabilidade social, económica, educativa e ambiental das zonas costeiras da nosa comarca do Salnés, dirixido a centros educativos e a poboación en xeral. O proxecto estase desenvolvendo durante unha semana, en cada porto dos concellos costeiros da comarca, no calendario establecido, durante os anos 2010 (nos meses do inicio escolar) e 2011 (nos meses finais do curso escolar), abordo da Goleta Raquel C.