Proxectos
Mancomunidade do Salnés
Mancomunidade do Salnés
Construíndo o futuro
A Mancomunidade do Salnés desenvolveu numerosos proxectos ao longo dos seus anos de existencia.
A continuación mostramos un resumo dos proxectos máis destacados.
Proxectos destacados
- REDE GALAICO PORTUGUESA DE TURISMO CULTURAL
A través de dous proxectos Interreg, dos que a Mancomunidade do Salnés foi xefe de fila, logrouse crear a rede de Museos máis importante de Europa, e na que o Salnés ten un peso moi importante. - ROTEIROS DA AUGA I, II E III
En febreiro de 2011 iníciase de novo a continuación de roteiros III, rehabilitando antigos muiños, lavadeiros e paseo fluviais nos concellos de Meaño, Meis e Ridumia. - PROXECTO LOGÍSTICA NORLOGIS
A través dun proxecto Interreg III-A levouse a cabo a creación dun centro loxístico dentro dos polígonos industriais da nosa comarca. - PROXECTOS ECOSALNES-MEDIOAMBIENTE
A través de dous convenios asinados coa Fundación Biodiversidade, desenvolvéronse dous proxectos de formación e sensibilización medioambiental para traballadores autónomos e Pymes. - OBRADOIRO DE EMPREGO A SEGORELLA I, II e III
Entre os anos 2001 e 2004 a Mancomunidade do Salnés desenvolveu tres proxectos formativos, para persoas maiores de 25 anos, nos que se rehabilitaron unha trintena de antigos muíños e se crearon catro paseos fluviais. - PROXECTO LIFE MEDIOAMBIENTAL
Proxecto piloto de xestión de residuos pesqueiros. A Través deste proxecto colocáronse en tódolos portos do Salnés diferentes contedores para a recollida selectiva de residuos (pilas, madeira, redes, neumáticos, aceites….), e realizáronse un gran número de accións de formación e sensibilización meidoambiental. - ESCOLA/OBRADOIRO DE HOSTALERIA DO SALNES
A Mancomunidade do Salnés conta cun obradoiro de emprego de Hostalería, de caracter comarcal, na que se forman alumnos en tres especialidades: cociñeiros, camareiros de restaurante-bar e camareiros de planta. - PLAN DE MELLORA DO SANEAMENTO DA VERTENTE SUR DA RÍA DE AROUSA
Segunda fase da rede de saneamento comarcal (Fondos de Cohesión) - PROXECTO POMAL
Primeira fase da creación da rede de saneamento comarcal a través do Programa Medioambiental do Ministerio de Medio ambiente (Fondos FEDER) - PROXECTO INTERREG RED-CULTURA
Na actualidade a Mancomunidade do Salnés ven de rematar o proxecto Red-Cultura que tiña como finalidade a promoción do turismo cultural na nosa comarca. - PROXECTO CULTURA EN REDE
Financiado pola Consellería de Industria, Turismo e Comercio da Xunta de Galicia, permitiu a posta en marcha dunha aplicación informática que permite ós nenos a creación de contidos educativos nas pizarras dixitais dos seus colexios. - PROMOCIÓN TURÍSTICA DA COMARCA DO SALNÉS
A Mancomunidade do Salnés desenvolveu un Plan de Excelencia Turística (para os concellos de O Grove e Sanxenxo), un Plan de Dinamización Turística (que afecta os sete concellos restantes), e un Plan de continuidade da Dinamización Turística. Recentemente editamos novo material promocional da comarca do Salnés, e proximamente firmarase un novo convenio de colaboración coa Secretaria Xeral de Turismo para continuar coa promoción turística da comarca do Salnés. - PROXECTO NAVEGA E EDUCA
Proxecto cofinanciado pola Consellería do Mar a través do Grupo de Acción Costeira 5- Ría de Arousa, coa finalidade de fomentar a sustentabilidade social, económica, educativa e ambiental das zonas costeiras da nosa comarca do Salnés, dirixido a centros educativos e a poboación en xeral. O proxecto estase desenvolvendo durante unha semana, en cada porto dos concellos costeiros da comarca, no calendario establecido, durante os anos 2010 (nos meses do inicio escolar) e 2011 (nos meses finais do curso escolar), abordo da Goleta Raquel C. - PROXECTO CATALOGA
Este proxecto consiste no inventariado, catalogación e posta en valor do patrimonio histórico-cultural e marítimo pesqueiro da Ría de Arousa. - PROXECTO AULAS INFORMÁTICAS NO RURAL
O presente proxecto ten por obxecto mellorar a utilización de internet e das novas tecnoloxías por parte da poboación do rural do Salnés. Para elo puxeronse en funcionamento nove aulas informáticas dotadas co material necesario. Están ubicadas nos núcleos rurais dos concellos O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Meis, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcia de Arousa. - PROXECTO ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
A Mancomunidade do Salnés está implantando un proxecto de servicios administración electrónica para a cidadanía do Salnés, nos nove concellos da comarca do Salnés, cofinanciado polo Plan Avanza Servicios Públicos Dixitais do Ministerio de Industria e Comercio.