SERVIZO DE COMPOSTAXE
Mancomunidade do Salnés
Mancomunidade do Salnés
SERVIZO DE COMPOSTAXE
Ante calquera dúbida de compostaxe ponte en contacto co Mestre Composteiro: 605612803
![]()
Servizo de posta en marcha e asesoramento da xestión dos residuos orgánicos nos concellos de Cambados, Meaño e Meis.
A xestión dos residuos atópase actualmente nunha encrucillada de cambio de modelo motivada pola necesidade de mellorar a súa eficiencia, tanto ambiental como economicamente. Neste sentido a UE ten establecido uns obxectivos como a recollida separada ou reciclaxe en orixe do 100% dos biorresiduos a finais do 2023 ou o 55% de reciclado para todos os residuos no 2025.
Para acadar estes obxectivos a Mancomunidade do Salnés ven de por en marcha en colaboración cos Concellos de Cambados, Meis e Meaño os proxectos “O Salnés: CALIDADE AMBIENTAL” grazas as subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións destinadas á mellora da xestión dos biorresiduos xestionadas pola Consellería de de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cos “Fondos de Recuperación e Resiliencia” do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico financiado Unión Europea-NextGenerationEU.




INTRODUCIÓN
A materia orgánica é case o 50% do peso dos residuos domésticos e consecuentemente representa un porcentaxe moi importante do gasto dos concellos, administración responsable da recollida do lixo. No noso territorio o custe vese incrementado pola dispersión da poboación que encarece a recollida. Por outra banda, a reciclabilidade da materia orgánica é moi alta, podendo realizarse onde se produce eliminando os gastos de desprazamento. A compostaxe trátase dun proceso sinxelo, seguro e ambientalmente amigable que require moi pouca tecnoloxía. A figura do Mestre Composteiro responde á necesidade de transmitir á cidadanía os coñecementos básicos para levalo a cabo nos seus domicilios e para a xestión dos Centros de Compostaxe Comunitaria.
Coa posta a disposición do Mestre Composteiro nos concellos de Cambados, Meaño e Meis, a Mancomunidade do Salnés ofrece os seguintes servizos co apoio puntual da Deputación de Pontevedra.
COMPOSTAXE COMUNITARIA (Cambados, Meaño e Meis)

Asesoramento para a posta en marcha así coma o mantemento, revisión e control dos Centros de Compostaxe Comunitaria nos concellos de Cambados, Meaño e Meis.
Estes centros están principalmente destinados a xestionar os residuos orgánicos das vivendas que non dispoñen de terreo e para produtores singulares coma hostelería, comedores escolares ou tendas de alimentación.
Calquera veciño pode poñerse en contacto co Mestre Composteiro para solicitar información sobre o seu uso ou comunicar o desexo de que se instale nas inmediación das súas vivendas.
Cambados
https://goo.gl/maps/Lkx2kBkaHGjCABGAA
Actualmente hai funcionando 9 centros de compostaxe comunitaria situados na rúa Pombal, fronte do antigo Centro Social A Merced, na Ribeira de Fefiñáns, a carón da Fonte de Ferfiñáns, na prazad da Rúa Beleco, xunto ao Mercado, na rúa San Roque, na Alameda de San Tomé e xunto ao Centro de Día de San Tomé. Durante o 2025 está previsto a instalación de un centro na Avenida de Vilariño diante do Colexio Público Antonio Magariños Pastoriza e outro na Rúa Ribeiriño.
Meis
https://goo.gl/maps/imWtGTxWhUvPwWK96
Actualmente están funcionando abertos ao público un situado na Praza de España e outro na Avenida de Cambados, no Mosteiro. Ademáis existe outro no CPI de Mosteir-Meis.
Meaño
Existe un centro no núcleo de Dena detrás do centro de saúde.
COMPOSTAXE INDIVIDUAL
(Meaño e Meis)

Dentro da estratexia de reciclaxe, nunha poboación tan dispersa como a dos concellos da Mancomunidade do Salnés, evitar o transporte da materia orgánica repercute directamente na viabilidade e eficiencia económica e ambiental da nosa sociedade.
Os concellos teñen a disposición dos residentes en vivendas con terreo composteiros gratuítos. Estes composteiros, xunto co asesoramento do Mestre Composteiro, permiten reducir a metade o lixo e obter coma recompensa o compost, un humus ideal para usar en todo tipo de plantas, dende céspede a horta pasando por froiteiras ou plantas ornamentais.
Ademais de xestionar o reparto de composteiros en Meis e Meaño, dende este servizo se realizan visitas aos composteiros domésticos xa instalados para asesorar aos veciños e resolver todas as dúbidas.
PRÉSTAMOS DE BIOTRITURADORA (Meaño e Meis)

Os restos leñosos de poda son un problema para xestionalos mediante queimas e, a vez, un recurso valioso para realizar a compostaxe.
Para axudar a solucionalo, mercáronse a través dos proxectos “O Salnés: CALIDADE AMBIENTAL” de biotrituradoras eléctricas que se prestan aos veciños para a correcta xestión dos restos de pequenas podas domésticas.
Para solicitar a biotrituradora podes poñerte en contacto co Mestre Composteiro da Mancomunidade do Salnés.
En Cambados tamén hai biotrituradoras en préstamo xestionadas directamente polo concello no Punto Limpo.
ATENCIÓN DO PUNTO LIMPO DE MEAÑO


O Punto Limpo de Meaño está situado no lugar de Trovisquido e da servizo a todos os domicilios do municipio de Meaño (42.44382, -8.77744).
https://goo.gl/maps/KgKNNmbv2DmcBFp16
Abre todos os mércores entre as 11:30 e 14:00 e os sábados entre as 9:00 e 14:00 (salvo festivos). Admite todos os residuos especiais que non teñen cabida na contenerización de rúa, por exemplo:
- Residuos voluminosos: colchóns, sofás, mobles.
- Entullo, máximo 8 capachos.
- Ferralla de orixe doméstico.
- Residuos perigosos como restos de pinturas, vernices….
- Aceite de motor.
- Aceite de cociña.
- Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos: lavadoras, TV, teléfonos, neveiras…
- Lámpadas fluorescentes, led, descarga…
A Mancomunidade do Salnés pon en marcha unha nova iniciativa centrada na *recollida separada de biorresiduos*, dentro do marco do proxecto “O Salnés: Calidade Ambiental III”. Esta actuación forma parte da Liña 2 do programa de subvencións MT975T-2025, destinadas a entidades locais galegas para a mellora da xestión de residuos de competencia municipal. O proxecto enfócase na compostaxe doméstica e comunitaria (compostaxe in situ) como ferramenta clave para a valorización dos residuos orgánicos, promovendo unha xestión máis sostible, eficiente e comprometida coa economía circular. Esta actuación conta co respaldo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, impulsado con fondos europeos Next Generation. Con esta iniciativa, a Mancomunidade do Salnés reforza o seu compromiso co medio ambiente e anima a cidadanía para participar activamente na separación e correcta xestión dos biorresiduos.
Anualidade | Investimento elixible | Subvención Aprobada | Intensidade da Axuda | Prazo de Xustificación |
2025 | 106.327,54€ | 95.694,78€ | 89,99% | 30/11/2025 |
Concello | Importe proxecto (IVE non incluído) | Importe solicitude axuda (IVE non incluído) | |
Liña 2 Proxectos de separación e reciclado en orixe de biorresiduos | Cambados | 61.477,54€ | 55.329,78€ |
Meis | 21.190,00€ | 19.071,00€ | |
Meaño | 23.660,00€ | 21.294,00€ | |
Total | 106.327,54 € | 95.694,78€ | |

