TURISMO
Mancomunidade do Salnés
Mancomunidade do Salnés
Turismo
Importancia do sector turístico para a Comarca do Salnés
Plans de Excelencia e Dinamización Turística, un instrumento de cooperación a favor do desenvolvemento turístico
Os plans de excelencia e dinamización constituíronse como uns instrumentos de planificación e xestión dos recursos turísticos, promovidos pola Administración do Estado, a partir de principios da década dos 90, mediante os que se mellorou a calidade dos destinos turísticos maduros (Plans de Excelencia) e dinamizado os destinos emerxentes (Plans de Dinamización).
Na Comarca do Salnés desenvolvéronse 2 plans:
- Plan de Excelencia Turística de Sanxenxo e O Grove (PET)
- Plan de Dinamización Turística do Salnés (PDT)
No que respecta a a vertente económica, o financiamiento dos plans realizábase mediante o PRINICIPIO DE CORRESPONSABILIDADE, dividindo de forma paritaria a achega entre:
- Administración Central
- Administración Autonómica
- Administración Local

“Tratouse de mellorar o destino de forma global, incidindo en todos os aspectos e involucrando a todos os axentes que directa ou indirectamente interveñen na actividade turística. Impulsouse o papel da administración local na xestión e planificación dos espazos turísticos”.


Resultados dos plans
- Impulsaron a ordenación e xestión estratéxica a nivel local
- Achegaron coñecemento exhaustivo do destino
- Contribuíron á coordinación entre administracións públicas de diferentes niveis
- Incentivaron a participación do sector privado en proxectos expostos polo sector público en materia de turismo
- Introduciron a cultura de calidade
- Permitiron renovar o destino e mellorar a súa imaxe
Plans de continuidade do PDT O Salnés
O sector turístico supón unha importante fonte de riqueza para a comarca de O Salnés, por iso resultaba necesario seguir contando co apoio das Administracións públicas e o sector privado co fin de darlle continuidade aos logros conseguidos e ofrecerlle aos turistas a Comarca de O Salnés como un destino turístico:
- Maduro
- Consolidado
- Innovador
- De Alta Calidade
O Salnés xa contaba con importantes posibilidades de desenvolvemento como destino maduro, cunha gran diversidade na oferta de productos turísticos, pois polas súas características pode ofrecer ó longo de todo o ano unha oferta complementaria o modelo de Sol e Praia; centrando as súas accións especialmente en ámbitos como a gastronomía, cultura, medioambiente, naútico….
Nos últimos anos, foi esta unha das frontes de loita dos diferentes concellos que conforman esta comarca, tratando de impulsar o desenvolvemento desde sector a través da mellora da calidade da oferta, o incremento da súa diversificación, a optimización dos sistemas de promoción, entre outras actuación. Procurando á vez, a tan ansiada DESESTACIONALIZACIÓN do noso sector turístico.
Co inicio do Plan de Continuidade a Mancomunidade de O Salnés comeza a súa forte aposta polas novas tecnoloxías no turismo, dando lugar O SALNÉS A MEDIDA, que se plantexa como un produto basado en novas tencoloxías que utilizará como soporte técnico o portal www.osalnes.com, e que permitirá que as persoas interesadas en visitar o Salnés obteñan unha proposta de paquetes turísticos a medida, en base aos gustos que se vaian sinalando.
Leváronse a cabo estratexias de marketing para a promoción do destino O Salnés e o produto gastronómico AS COCIÑAS DO SALNÉS.

Áreas de actuación

promoción e dinamización
Deseño e execución de proxectos de promoción e dinamización turística (folletos, redes sociais, páxina web, organización de eventos, merchandising, etc.), que poñan en valor os recursos turísticos do Salnés.
Portal Web de Turismo
Redes sociais
TURISMO
Noticias relacionadas

A Mancomunidade do Salnés e o Consorcio de Comercio do Salnés impulsan o proxecto de una “marketplace” comarcal.
19/05/2020 Os pequenos comerciantes dos nove concellos do Salnés poderán vender os seus produtos nunha tenda virtual. Marta Giráldez, presidenta

La Mancomunidade do Salnés enfocará la estrategia promocional del destino al turista de proximidad
O Salnés redirigirá su estrategia al turismo de proximidad ante la previsible caída del internacional La Mancomunidade do Salnés enfocará

A Mancomunidade do Salnés manterá unha reunión mañá coa Deputación para deseñar a estratexia turística para este verán
El sector turístico arousano intenta salvar el verano pese a tambalearse grandes eventos La crisis del coronavirus ha mermado la

O Salnés busca su sitio en el “Booking” chino que suma 650 millones de usuarios
A Mancomunidade reúne en Madrid a operadores e autoridades de China para avanzar na súa promoción turística La Mancomunidade do