BENVIDO/A
Mancomunidade do Salnés
mancomunidade do salnés
Prestación conxunta de proxectos e servizos para os concellos do Salnés
A finalidade última da mancomunidade é a prestación compartida de servizos, abaratando os custos e mellorando a eficiencia dos nove concellos do Salnés: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
A unión fai a forza
Desde 1989, a Mancomunidade do Salnés xestiona unha serie de competencias.
Os fins da Mancomunidade que se establecen son os que se indican a continuación:
- Mantemento do abastecemento de auga e de depuración de residuais aos concellos da Mancomunidade.
- Mantemento e limpeza de vías, sendeiros e espazos públicos.
- Potenciación do turismo dos concellos da comarca.
- Servizo de loita contra a avespa velutina.
- Obras de infraestrutura e equipamentos, cando afecten
máis dun concello. - Proxectos culturais e deportivos que afecten a máis dun concello da Mancomunidade.
- Servizo de emprego e formación.
- Xestión do Centro de información á muller (CIM) mancomunado.
- Consecución de programas de participación dos cidadás no uso eficiente e sustentable das tecnoloxías da información e telecomunicacións.
Constituida en 1986
A Mancomunidade foi constituída no ano 1986, por tres concellos do Salnés, coa finalidade inicial de garantir o abastecemento de auga potable. Sen embargo, co paso do tempo, fóronse ampliando as súas atribucións e aumentando o número de servizos, o que a súa vez levou a incorporación dos seis concellos restantes.
Organigrama
- Presidente D. David Castro Mougán
- Xerente D. Ramón García Guinarte
- Persoal técnico
- Órganos de goberno
- Presidencia
- Comisión Executiva formada polos 9 alcaldes/as dos concellos da comarca
- Xunta da Mancomunidade do Salnés formada por 27 membros/as
Os seus estatutos foron modificados no ano 2004 e posteriormente no 2015. O que lle permitiu desenvolver unha gran cantidade de competencias incrementando dun xeito continuo a súa actividade.
PROXECTOS
Construíndo o futuro
A Mancomunidade do Salnés veu desenvolvendo, ao longo dos últimos anos, un gran número de proxectos de interese xeral
A Mancomunidade do Salnés lidera un proxecto de cooperación transfronteiriza baixo o modelo de “Smart City”para impulsar os “concellos intelixentes.”
Programa de cooperación transfonteiriza, dentro do Programa Interreg España Portugal 2014-2020 da área de cooperación Galicia – norte de Portugal.
Creación dun modelo de subministración eficiente e sustentable no abastecemento de auga nas instlacións de bombeo da ETAP da Mancomunidad.
O obxectivo do proxecto reformulado englóbase na necesidade de transformar e dinamizar o territorio comarcal a través da loita contra o despoboamento.
Últimas Noticias
LA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS ORGANIZA UN CURSO SOBRE APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS PARA 90 PERSONAS
La formación que se va a desarrollar, se diseñó inicialmente para treinta alumnos, pero la alta demanda obligó a ampliar
BASES DO “I CERTAME DE CONTOS, RELATOS BREVES E CÓMICS A IGUALDADE NON É UN CONTO 2023” CIM DA MACOMUNIDADE DO SALNÉS
Descarga aquí as BASES
A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS PRESENTA O ESTUDO DOS EXCELENTES DATOS TURÍSTICOS DO CONCELLO DE SANXENXO
Sanxenxo se impone como líder indiscutible del turismo en el norte de España recibiendo el pasado mes de julio a