A Mancomunidade do Salnés, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través dos programas de cooperación, puxo en marcha unha Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local como instrumento para implantar as políticas activas de emprego, a xeración de emprego e a promoción das exportacións nas pequenas e medianas empresas da Comarca do Salnés.
Implantación de políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.
Asesoramento e información sobre a viabilidade técnicae, económica e financieira e apoio aos promotores das empresas.
Asesoramento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento mediante a aplicación de consultaría en xestió empresarial e asistencia nos procesos formativos para contrinuir á boa marcha das compañías creadas.
A Mancomunidade do Salnés puxo en marcha un servicio de Asesoramento sobre ás exportacións dirixido ó sector empresarial da nosa comarca.
Dende a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais poñen en marcha un novo espazo de apoio ás persoas autónomas e ás empresas galegas afectadas polos incendios do verán de 2025.
Co obxectivo de axudarlles a remontar e retomar a súa actividade, crean un escaparate virtual que permite dar visibilidade aos proxectos e servizos máis impactados polos lumes. O acceso ao escaparate atópase no seguinte enlace: https://escaparate.empregoengalicia.gal/
Inclúe a información sobre o proxecto e os pasos a seguir para solicitar a alta no directorio a través dun formulario que xa se encontra dispoñible.
Este espazo nace para revitalizar o tecido económico local e achegar estas iniciativas a un público máis amplo, favorecendo así a súa recuperación e fortalecemento.
En 4 sinxelos pasos as persoas que están ao fronte do seu propio proxecto ou prestan servizos e a súa actividade se viu afectada polos incendios, teñen a oportunidade de mellorar a visibilidade deste traballo, acceder a novos públicos e integrarse nunha rede de apoio mutuo para a reactivación económica dos territorios máis impactados.
Para consultas ou dúbidas sobre este recurso, poden dirixirse a:
Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
Paseo da Calzada, s/n
36630 Cambados
T. 986 521 115
📧 aedl@osalnes.com