FORMACIÓN
Mancomunidade do Salnés
Mancomunidade do Salnés
Obradoiro de Hostalería
A necesidade de formación en hostalería na bisbarra do Salnés constátase ano tras ano, especialmente trala súa consolidación como destino de Excelencia Turística. Esta situación é a ideal para a retroalimentación entre o destino e o Obradoiro de Hostalería, na súa condición mixta de espazo formativo e de apoio á creación de emprego.
INTRODUCIÓN
Cada un dos concellos que forman a Mancomunidade presenta unha oferta hostaleira de crecente calidade e é patente a necesidade de ofrecer unha formación específica ás persoas que buscan emprego, de maneira que teñan facilidade de acceso e maior inserción a medio e longo prazo. Deste xeito, xa no ano 2004, xurdíu a iniciativa de sumarse ás Escolas-Obradoiro impulsando dúas edicións con tres modalidades: formación en sala, cociña e pisos.
No ano 2008 a Mancomunidade apostou polo modelo de Obradoiro de Emprego, no que o alumnado é ó mesmo tempo traballador, de xeito que sae con formación e experiencia.
Neste ano estase a desenvolver a XI edición dos Obradoiros de Emprego, na que os alumnos traballadores cursan os estudos conducentes aos Certificados de Profesionalidade de nivel II de Operacións básicas de Cociña e Servizos de Restaurante-Bar.
Ambos son complementarios e, de feito, a parte práctica do currículo lévase a cabo de xeito coordinado, o que enriquece a experiencia de aprendizaxe.
Ao obter os Certificados de Profesionalidade, o alumnado traballador recibe unha titulación recoñecida, acreditada e avalada polo Servizo Público de Emprego (SEPE), xunto coa Administración Laboral da Xunta de Galicia. Os certificados outorgan o recoñecemento de determinadas competencias e teñen validez europea, o que facilita a inserción laboral e a mobilidade. Cada Certificado de Profesionalidad identifica e acredita unha cualificación dentro do Sistema Nacional de Acreditacións e Formación Profesional.
Ao mesmo tempo que recibe formación e adquire experiencia, o alumnado conta con asesoramento didáctico e información profesional e empresarial. A isto súmanse as formacións complementarias de Prevención de Riscos Laborais, Manipulación de Alimentos, así como as transversais de Igualdade, Informática e Orientación Laboral.
Desde a súa primeira edición ata a actual, lévase ofrecido a oportunidade de adquirir formación e acceder ao emprego a máis de 400 persoas.
Subvención
A Mancomunidade do Salnés, como entidade solicitante dun Obradoiro dual de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, cumpre os requisitos establecidos pola Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 17 de abril 2019. A Comisión Central de Valoración informou favorablemente a concesión dunha subvención polo importe de 336.446,00 €, para 20 alumnos/as-traballadores/as e cunha duración de 9 meses. Así mesmo, informouse favorablemente a concesión dunha axuda por importe de 30.000,00 € para incentivos á contratación.
Empresas colaboradoras
Desde o Obradoiro mantense unha estreita relación co sector hostaleiro da bisbarra, incluíndo visitas a centros de traballo por parte do alumnado-traballador e participación dos empresarios en xornadas gastronómicas ou de difusión de produtos.
Ademais diso, achéganse ofertas de traballo que son sondeadas do xeito máis conveniente para os traballadores e os empregadores.
Datos de inserción
O alumnado que acada un posto de traballo ao longo ou á finalización do Obradoiro chegou nestas últimas edicións ao 100%.
Convenio con Caritas
O Obradoiro ten un convenio con Cáritas Diocesana de Vilagarcía de Arousa polo que se compromete a colaborar elaborando pratos destinados ás ceas de Nadal e Fin de Ano que teñen lugar no comedor social.
O alumnado e profesorado participa nesta actividade, na que se elabora un menú adecuado a estas celebracións, cociñándoo e preparándoo para ser servido. Deste xeito, ademais de crear conciencia no alumnado por medio da colaboración cós máis desfavorecidos, tamén se facilita a tarefa do voluntariado nestas datas.
Convenio con Afasal
Xornadas gastronómicas






Xornada Xornada Q de Calidade
Para a que se preparou un coffee-break.



Xornada de presentación do Congreso de Medio Ambiente



Xornada "Emprende O Salnés"
Na que se ofreceu unha comida baseada en produtos da zona





Xornada de almorzo no CEIP A Florida



Xornada na Festa da Raia



Catas, visitas a establecementos e mostras de produtos
Cata de viños na Adega Eidos




Vista ao Hotel Carlos I

Vista ao Hotel Augusta


Vista ao espazo gastronómico e zona comercial de Santiago



FORMACIÓN
Noticias relacionadas

A Mancomunidade mantén a súa aposta pola formación no sector das enerxías renovables.
A empresa de servizos eólicos Galventus contrata a catro integrantes do programa de emprego da Mancomunidade do Salnés. Os participantes

“Salnés Click” cuenta ya con 200 empresas y espera doblar la cifra antes de su lanzamiento
Empresarios y vecinos de la comarca están llamados a participar en una iniciativa que permitirá ir de tiendas y contratar

El Obradoiro de Hostalería do Salnés recorrerá la comarca con “showcookings”
Los alumnos del Obradoiro de Hostalería de O Salnés continúan con su formación, pero las restricciones por la pandemia les

A MANCOMUNIDADE DA INICIO AO SEU PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO MÁIS AMBICIOSO
O Programa Integrado de Emprego impulsado pola Xunta de Galicia e organizado pola Mancomunidade do Salnés empezou onte a súa

A Mancomunidade do Salnés presenta unha nova edición do Obradoiro de Hostelería
Formará a un total de 20 alumnos nos módulos de Cociña e de Operacións básicas de restaurante e bar. A

La Mancomunidade de O Salnés inicia el proceso de selección para el XII Obradoiro de Hostelería
Formará a un total de 20 alumnos en los módulos de Cocina y de Operaciones básicas de restaurante y bar.