Presentación en FITUR da Orixe de todos os camiños pola Mancomunidade do Salnés

A Mancomunidade do Salnés presentou onte en Fitur a súa nova marca “A Orixe de todos os Camiños” que coa súa propia rosa dos ventos, engloba as ofertas turísticas da comarca relacionadas co Camiño de Santiago como son a Variante Espiritual, o Roteiro do Padre Sarmiento, Navega ou Camiño e as dúas novas propostas anunciadas na feira turística máis importante de España, “ Camiño á Orixe” e “Escapada á Orixe”..

A presidenta do ente, Marta Giráldez, a presidenta da Mancomunidade, e o xerente Ramón Guinarte, convidaron aos peregrinos que acuden a Compostela a coller o tren destino Vilagarcía e seguir os pasos dos restos do Apóstolo Santiago, surcando as augas do Ulla rumbo a Pontecesures.

Con esta presentación, a mancomunidade quixo amosar toda a oferta turística da que dispoñen os nove concellos que forman a comarca. Unha oferta que mestura paisaxes, historia e gastronomía.

Noticia completa en:
Scroll al inicio